Mayte Méndez e Milagros Sanmartín, historia viva da Liga Feminina 2
Por Redacción
A continuidade de Mayte Méndez e Milagros Sanmartín como responsables deportivas do primeiro equipo do Club Baloncesto Arxil converterá ás adestradoras pontevedresas no equipo técnico que máis partidos dirixiu na Liga Feminina 2.
Méndez contará un ano máis con Milagros Sanmartín e Marita Janeiro como axudantes nun corpo técnico que completa Ricardo Oliveira na preparación física. Ademais Carlos Díaz e María Martínez exercerán de delegados e o equipo de fisioterapeutas da entidade estará composto por David Rocha, Alberto Cortizas e Cristina Díaz-Pache, que compaxinará este labor na base coa súa función de xogadora no primeiro equipo.
Co equipo case pechado, a falta de confirmar as últimas renovacións e a fichaxe dunha pívot, xa apalabrada segundo o club, o Arxil céntrase agora en planificar unha pretempada que arrincará o día 29 de agosto coas xogadoras pontevedresas. Pola súa banda as xogadoras foráneas incorporaranse o 1 de setembro.
En canto á preparación, o club verde está pendente do calendario de competición da Copa Galicia, que se xogará previsiblemente en setembro e que condicionará a programación de amigables durante a pretempada.
Relacionadas:
-
Aldara Vázquez súmase ás renovacións no Arxil
Por Redacción |
-
Minata Keita regresa a un Arxil que apunta alto
Por Redacción |
-
O Cortegada crúzase no camiño do Arxil na Copa Galicia
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache seguirá un ano máis no Arxil
Por Redacción |
-
Derbi galego entre Arxil e Ensino para abrir a tempada na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Yanique Gordon non seguirá no Arxil
Por Redacción |
-
Equipos cataláns, leoneses, asturianos e vascos, rivais do Arxil na Liga Feminina 2
Por Redacción |