A base do tenis galego, protagonista no Mercantil
Por Redacción
Sen apenas descanso despois da celebración do Campionato Galego de Tenis Absoluto, o Casino Mercantil volve situarse como centro do deporte da raqueta a nivel autonómico.
Faino apostando agora pola base coa sexta proba do Circuíto Rexional Xuvenil Babolat organizado pola Federación Galega de Tenis.
A competición, para as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e junior masculina e feminina, vivirá este sábado 6 de agosto as semifinais a partir das 10:00 horas.
Pola súa banda para o domingo, tamén desde as 10:00 e en dúas quendas de partidos, celebraranse as finais de cada categoría.