![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b47/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/579cbb2677-dsc09347.jpg)
© Federación Galega de Fútbol
As categorías autonómicas de fútbol xa teñen calendario de liga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Federación Galega de Fútbol realizou o sorteo dos calendarios de Preferente, Primeira Galicia e Primeira e Segunda femininas, nun acto público presidido por Rafael Louzán, na Delegación de árbitros de Santiago, ao que asistiron representantes duns cincuenta clubs. O sorteo realizouse de forma informática e perfectamente visible para todos os asistentes.
A competición de Preferente comezará o 28 de agosto e a de Primeira Galicia o 4 de septiembroe A Primeira feminina arrincará o 11 de setembro, o mesmo que os grupos 1 e 3 de Segunda, mentres que o grupo 2 comezará o día 18.
Xuventude Sanxenxo-Polígono San Ciprián, Moaña-Portonovo e Alertanavia-USD O Grove, son os primeiros partidos do Preferente Sur galega, que deixa os primeiros derbis da zona para a xornada 7, o 9 de outubro (USD O Grove-Portonovo), xornada 17 o 11 de decembro (USD O Grove-Xuventude Sanxenxo) e xornada 18, o 18 de decembro (Xuventude Sanxenxo-Portonovo).
En canto á Primeira Galicia (Grupo 5), o Marcón Atlético comeza visitando ao San Martín de Vilaxóan, mentres o Pontevedra B desprázase a Campo Lameiro. quedando o primeiro derbi local para a xornada 12, o 20 de novembro, en Ou Carrasco.
CALENDARIO 1ª DIVISIÓN FEMININA