Baltar, fiel á súa cita anual co balonmán praia
Por Redacción
A praia de Baltar, en Portonovo, acollerá esta fin de semana unha das citas deportivas clásicas do verán, o Torneo de Balonmán Praia de Sanxenxo, que chega á súa décimo oitava edición.
Desde o sábado 23 e ata o luns 25 de xullo máis de 500 xogadores competirán nas tres canchas de xogo que se instalarán no areal, entre eles xogadores da Liga Asobal, División de Honra Prata ou División de Honra Feminina.
En categoría sénior serán máis de 30 os equipos que loitarán por levar o título.
O sábado o torneo xogarase en horario de 10:00 a 20:00 horas e o domingo de 15:00 a 20:00 horas, pechándose coa disputa da gran final e da competición de gol espectacular.
Para o luns queda reservada a competición de categorías de base na que "recibimos máis de 20 inscricións", sinalou Fabián González, representante da organización, recoñecendo que "estamos moi contentos de como se presenta esta edición".
Relacionadas:
-
Emoción e deportividade sobre a area de Baltar nunha nova edición do campionato de balonmán praia
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Oito equipos de España e Portugal participarán en Bueu no 'I Torneo de Balonmán' de veteranos
Por Redacción |
-
Ciudad de Málaga e Algeciras, vencedores do Arena 1.000 de Bueu
Por Redacción |
-
Baltar goza con dúas espectaculares xornadas de balonmán praia
Por Diego Torrado |