Última gran competición da tempada atlética para a Gimnástica
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Máis dunha decena de atletas da Gimnástica afrontan esta fin de semana a última gran competición da tempada, o Campionato de España Absoluto que terá lugar en Xixón.
A ausencia de Alberto Salcedo deixa ao club pontevedrés sen unha das súas principais bazas de medalla, pero aínda así aspira a pisar podio nalgunha das probas do campionato.
Compoñen o equipo da Gimnástica en Asturias: Darío Costas en 100 metros; Gonzalo Sánchez-Camacho en 200 metros e 100 metros; Eduardo Gallardo en 400 metros; Iván Blanco en 800 metros; David Martínez en 1.500 metros; Joselyn Brea en 5.000 metros; Nacho Sarmiento en 400 metros valas; Álex Flórez nos 10.000 metros marcha; Lysvanys Pérez en salto de altura; Manuel Castellanos en lanzamento de xavelina e Víctor Gallego en lanzamento de disco; ademais da remuda masculina de 4x400.
O Campionato de España Absoluto arrincará á primeira hora do sábado e prolongarase ata última hora da tarde do domingo.