O Pontevedra comezará a liga en Guijuelo
Por Redacción
A Real Federación Española de Fútbol deu a coñecer este mércores o calendario de competición da Segunda B, que arrincará nun mes, o 21 de agosto.
O Pontevedra xa sabe que comezará a tempada a domicilio, visitando na primeira xornada ao Guijuelo, mesmo rival co que estreou o curso pasado, mentres o primeiro na casa disputarase o 28 de agosto ante a UD Multivera.
Unha semana despois, coincidindo coa celebración da Feira Franca na cidade, os granates afrontarán un dos desprazamentos máis complicados da tempada, a Santander, para xogar ante o Real Racing Club.
Outras das datas sinaladas en vermello no calendario será este curso o 75 aniversario do club, que coincidirá con día de partido o domingo 16 de outubro. Neste aspecto a Federación atendeu a petición do Pontevedra e os granates xogarán no Estadio Municipal de Pasarón en tan especial data ante o Lealtad asturiano.
En canto aos derbis galegos, fóra da casa, os de Luisito xogarán ante o Celta B na xornada 5 (18 de setembro), Coruxo na 16 (27 de novembro), en Ferrol na 26 (19 de febreiro), Somozas na 34 (16 de abril) e Boiro na 36 (30 de abril).
Pola súa banda a última xornada de liga a xogará no campo do Caudal de Mieres.
Consulta aquí o calendario completo de competición no Grupo I da Segunda B.
Relacionadas:
-
A canteira do Pontevedra ponse en marcha con importantes cambios na súa organigrama
Por Redacción |
-
O Pontevedra lava a súa imaxe aínda que cede fronte ao Real Valladolid (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Un Celta B máis rodado pon en evidencia na súa estrea ao Pontevedra (0-4)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Quenda para os primeiros amigables e á espera dos dianteiros
Por Diego Espiño |
-
Buscando novas 'perlas' para a canteira
Por Mónica Patxot |
-
75 anos #latexandoporti, o Pontevedra mantén prezos na súa nova campaña de abonados
Por Diego Espiño |
-
Seis partidos confirmados para a pretempada granate
Por Diego Espiño |
-
Ilusión e moitas caras novas no primeiro día de traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Federación ratifica a composición de grupos na Segunda B
Por Redacción |