Tomás Abelleira marcha cedido ao Compostela
Por Diego Espiño
Era unha das incógnitas da planificación deportiva do Pontevedra, saber en que equipo xogaría Tomás Abelleira tendo en conta que non entraba nos plans de Luisito.
Finalmente o xoven centrocampista pontevedrés dará un paso atrás para xogar en Terceira División nas filas da SD Compostela, no que afrontará o reto de conseguir o ascenso.
O club santiagués fixo oficial este mércores a súa incorporación. Marcha como cedido no que será, salvo renovación, o seu último ano de contrato cos granates.
A pasada campaña Tomás apenas gozou de minutos en Segunda B, sendo un dos futbolistas menos utilizados por Luisito ao xogar pouco máis de 200 minutos repartidos en oito encontros de liga.