O novo proxecto do Poio Pescamar empeza a tomar forma
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O cuarto proxecto do Poio Pescamar na máxima categoría do fútbol sala feminino comeza a definirse coas primeiras renovacións no plantel.
Jorge Basanta xa sabe que contará a próxima campaña con Jenny e con Ale de Paz, primeiras futbolistas que confirmaron a súa continuidade no equipo.
Jenny sumará así a súa terceira campaña no cadro vermello, mentres Ale afrontará así a súa segunda tempada no club.
Son as primeiras confirmacións, pero a entidade pontevedresa espera pechar máis renovacións nos próximos días para afrontar un ano no que esperan seguir crecendo na Primeira División.
O EQUIPO CADETE, A POLO CAMPIONATO DE ESPAÑA
Tras conseguir o título autonómico, o equipo cadete feminino do Poio buscará sumar un novo título nacional desde este venres 24 de xuño no Campionato de España, que se disputa na localidade madrileña de Móstoles.
Despois de que o equipo infantil non conseguise revalidar o seu título nacional, as cadetes confían en poder dar unha nova alegría ao club. A competición divídese en dous grupos, sendo os primeiros clasificados de cada un os que xogarán a final.
Relacionadas:
-
Marcio Santos regresa ao Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Jorge Basanta abandona o Poio Pescamar por "motivos persoais"
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar cadete repite proeza e suma o seu cuarto título nacional consecutivo
Por Redacción |
-
Vitoria con remontada en Rubí (3-4) e récord de puntos para o Poio Pescamar
Por Redacción |