O Villarreal apunta a favorito tras a primeira xornada do XVIII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Os campos da Xunqueira vestíronse de gala para albergar unha nova edición do Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín "Cidade de Pontevedra" que organiza a EF Porteiro 2000, cun total de 20 equipos participantes e que ao longo deste sábado disputou a súa primeira xornada, en sesións de mañá e tarde.
A lista de equipos intégrana: Salgueiriños, Sagrado Corazón, Ancorad'ouro de Marín, ED Arousa, Colexio Hogar (Vigo), Xuventude Oroso, Ural (A Coruña), Pavillón Ourense, Escuela de Fútbol Portero 2000, Cristo de la Victoria (Vigo), Agrupación Xuvenil de Lérez, Benfica (Portugal), Sporting de Portugal, Rayo Vallecano, R.C. Celta, Deportivo da Coruña, Real Sporting de Gijón, Real Valladolid, CD. Lugo e Villarreal.
Polos resultados cultivados na fase de grupos, o Villarreal destápase como máximo favorito á vitoria final. Os castellonenses acceden a cuartos de final sendo o único equipo capaz de facer pleno de vitorias e ademais fano cuns números esmagadores, logrando 4 triunfos, con 17 goles a favor e ningún en contra. Xunto a eles, Benfica e Celta de Vigo, que tampouco recibiron goles, sumando tres vitorias e un empate, parecen os aspirantes máis cualificados.
Como é habitual, o bo ambiente presidiu a xornada, sendo centenares os afeccionados que gozaron coas evolucións dos pequenos xogadores.
Para a matinal do domingo quedan os partidos que decidirán a clasificación, comezando ás 9:45 horas cos partidos valedoiros para os postos 9 ao 20, ademais de cuartos de final, semifinais e a gran final, que está prevista para as 13:45 horas.
Relacionadas:
-
Sporting de Portugal imponse nunha bonita final do "XVIII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Vilarreal, principal novidade no cartel do XVIII Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Toneladas de ilusión na fase previa do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Diego Torrado |