Adrián Esperón e Patricia Martínez, campións de España na modalidade de 10 bailes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A parella pontevedresa de baile deportivo Patricia Martínez e Adrián Esperón proclamáronse o pasado fin de semana campións de España na modalidade de dez bailes, nunha competición celebrada na localidade valenciana de L'Eliana.
Adrián e Patricia impuxéronse ás 25 parellas participantes na súa categoría nun torneo que contaba coas modalidades de bailes estándar e latino.