O Waterpolo Pontevedra anima a 'mollarse' cunha campaña de microfinanciamento
Por Redacción
Por primeira vez un club galego de waterpolo ten a opción de participar con todas as súas categorías nos diferentes campionatos de España, pero a empresa é complicada polo esforzo económico que supón.
Por ese motivo o Club Waterpolo Pontevedra activou unha campaña de microfinanciamento coa que esperan recadar ata 9.000 euros animando aos pontevedreses a que se 'mollen' co waterpolo.
A través da plataforma Apontoque, calquera persoa ou empresa pode achegar á causa de 15 a 200 euros, recibindo a cambio unha serie de recompensas en función da cantidade como equipamento deportivo do club ou un vale de dúas persoas para pasar unha fin de semana nunha casa rural.
Nos próximos meses o Waterpolo Pontevedra aspira a estar presente no Campionato de España Infantil en Elxe (30 de xuño ao 3 de xullo), Cadete en Murcia (13 ao 17 de xullo) e Xuvenil nas Palmas (8 ao 10 de xullo), ao que hai que sumar a recente participación no Nacional de 3ª División do equipo senior e os torneo nacionais aos que acode habitualmente o equipo alevín.
A campaña iniciouse o pasado venres, 20 de maio, cunha vixencia de 40 días. Toda a información da mesma pode atopase nesta ligazón.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra, campión da Copa Galega
Por Redacción |
-
A Copa Galega, última competición da tempada para o equipo absoluto do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Fin de semana de experiencias para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra segue crecendo cun bo papel no Campionato de España
Por Redacción |
-
Un mal partido deixa ao Waterpolo Pontevedra sen título galego
Por Redacción |
-
Horizonte 2018 para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |