![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/528/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/57420bfdc7-dsc_0204.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Lolo Penas e Paula Mayobre, gañadores do segundo medio maratón Maralba
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/013/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5742104db4-dsc_0302.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
A segunda edición do medio maratón Maralbatur congregou este domingo a preto de 600 atletas nunha animada mañá deportiva.
Axudados por ausencia da choiva, que ameazaba con deslucir a proba, os deportistas populares saíron do Grove á primeira hora da mañá para completar os 21 quilómetros de percorrido do medio maratón ata a praia de Silgar, en Sanxenxo.
Os últimos metros da proba foron pola area da propia praia, onde estaba situada a chegada.
O primeiro en chegar á liña de meta foi Lolo Penas, cun tempo de 1:08:44, seguido por Akka Essaadaoui (1:09:40) na segunda posición e Elías Domínguez na terceira (1:11:40).
Na categoría feminina a vencedora foi Paula Mayobre (1:22:07), completando o podio Beatriz Fernández (1:25:41) e Mónica Granero (1:26:16).
Antes da carreira, ademáis, rendeuse unha sentida homenaxe a Juan Figuero, un dos mellores atletas galegos da década dos 70 e 80.
Consulta aquí as clasificacións do segundo Maralbatur.
O Grove e Sanxenxo, unidas por un medio maratón
A carreira popular Maralba, entre O Grove e Sanxenxo, reuniu na súa segunda edición a preto de 600 atletas nunha mañá deportiva na que a choiva respectou aos corredores
CC BY-NC-SA PontevedraViva