A goleada ao Ribadumia non evita o descenso do Galicia Mugardos (4-0)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Galicia Mugardos necesitaba gañar e que non o fixese o Bergantiños para evitar o descenso directo. A visita dun Ribadumia sen tensión facilitou a vitoria dos coruñeses, pero os de Carballo tamén sacaron os tres puntos da súa visita a Verín, o que condenou ao recentemente ascendido ao regreso a Rexional Preferente, só un ano despois do seu ascenso.
Non opuxo resistencia o conxunto que adestra Sierra, que practicamente no saque de centro víase xa en desvantaxe, ao marcar Carlos López. Brais Abelenda facía o segundo no minuto 21, resultado co que se chegaba o descanso.
A segunda parte non fixo máis que referendar que o equipo que necesitaba os puntos era o único que poñía interese. Así, aos 52 minutos Carlos López sentenciaba co terceiro tanto, e nove máis tarde Brais Abelenda tamén repetía para pechar unha goleada inútil, que deixa o Ribadumia comodamente situado en metade da táboa, tras unha excelente segunda volta ligueira.
Consulta aquí o acta do partido.