Piscis estréase no Arosa cun partido de alta esixencia ante o Sanxenxo
Por Diego Espiño
O partido da xornada no grupo sur da Rexional Preferente xógase na Lomba (17:00 horas) entre Arosa e Xuventú Sanxenxo.
"Si ganamos podemos lograr 7 puntos por el refuerzo moral que supondría"
Piscis estréase como adestrador do conxunto arlequinado en substitución de Lino González cun duro rival en fronte nun choque no que, asegura, intentará agradar á súa nova afección, "es un partido complicado ante un muy buen equipo. Si ganamos podemos lograr 7 puntos por el refuerzo moral que supondría, y más si damos una buena imagen".
O técnico arosista asegura que ten o seu once decidido, un equipo titular no que non se espera unha gran revolución salvo pola baixa por sanción de ÿscar Guimeráns, "no voy a hacer locuras. Tengo el once en la cabeza, con la baja importante de ÿscar, pero aquí nadie es más importante que nadie, los 18 deben aportar".
Mentres o Arosa busca reactivarse e "escalar poco a poco en la clasificación", o Sanxenxo afronta unha semana máis a xornada con posibilidades de asaltar o liderado da categoría. Os de ÿscar García, despois do empate na casa ante o Cultural Areas, saíron dos postos de ascenso, agora a un punto de distancia, unha situación que intentarán solucionar co que sería o seu quinto triunfo consecutivo a domicilio.