Club Natación Master Pons Vetus, 20 anos de paixón polo deporte
Por Redacción
Vinte anos de aposta pola natación e o deporte ben merecen unha homenaxe. É o tempo que leva funciando en Pontevedra o Club de Natación Pons Vetus, primeiro en Galicia fundado exclusivamente para a natación en categoría master.
Con motivo de tan sinalada data a entidade pontevedresa protagonizou un acto na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, no que presentou o equipamento especial do seu 20 aniversario.
Ademais homenaxeouse á que foi durante estes vinte anos presidenta do club, Loly Baglietto.
Empezou a súa andaina con 15 nadadores, unha cifra que foi ampliando co paso do tempo ata presentarse a algunhas competicións con ata 55 deportistas, participando en campionatos galegos e de España. Actualmente conforman o Club Natación Pons Vetus 41 nadadores.