Emparellamento alcanzable para a Gimnástica na segunda xornada de División de Honra
Por Redacción
O equipo masculino da Gimnástica ten na súa man selar pola vía rápida a súa permanencia un ano máis na máxima categoría do atletismo nacional. Teno polo seu bo papel na primeira xornada da competición, na que foi segundo do seu grupo, e porque quedou emparellado nun grupo alcanzable para a segunda cita do calendario.
Os pontevedreses acudirán a Burgos coa intención de loitar pola segunda praza provisional, o que á súa vez lles colocaría previsiblemente entre os oito mellores da competición para pasar a pelexar polo título nas xornadas finais.
A Gimnástica terá como rivais a un dos grandes aspirantes ao título, o Fútbol Club Barcelona, segundo actualmente na xeral provisional, ao Cueva de Nerja (11º) e ao Universidad de Burgos (16º).
A teor dos resultados da primeira xornada o Barcelona, que sumou 228 puntos, é inalcanzable para unha Gimnástica que logrou 181 puntos. A pelexa dos pontevedreses será a priori co Cueva de Nerja, que conseguiu 154 puntos no seu primeiro enfrontamento. Non debería supoñer un problema superar ao club local, o Universidad de Burgos, último da xeral tras sumar 81 puntos na primeira xornada.
A pista de atletismo Purificación Santamaría de Burgos acollerá a competición o vindeiro sábado 21 de maio.
DARÍO COSTAS GAÑA O DÉCATLON JUNIOR DO NACIONAL
Murcia acolleu o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Probas Combinadas, no que se atopaba Darío Costas dentro do equipo galego. O atleta da Gimnástica bateu a súa marca persoal no décatlon, con 6.567 puntos, para facerse coa medalla de ouro na categoría junior e bater o record galego.
Relacionadas:
-
A Gimnástica métese na final polo título de División de Honra
Por Redacción |
-
A Gimnástica terá desquite polo ascenso a Primeira División Feminina
Por Redacción |
-
Sobresaínte Campionato de España Universitario para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Xornada atlética pasada por auga no Trofeo Sociedad Gimnástica
Por Mónica Patxot |
-
Gimnástica e Froiz asinan un acordo de patrocinio coa Deputación
Por Redacción |
-
Arranque con nota da Gimnástica na súa décima tempada en División de Honra
Por Redacción |