Arranque con nota da Gimnástica na súa décima tempada en División de Honra
Por Redacción
Gran inicio de competición o da Sociedad Gimnástica na súa décima tempada na elite, a División de Honra de Atletismo.
O equipo masculino do club pontevedrés logrou o seu obxectivo na xornada inaugural ao finalizar na segunda posición do seu grupo, en Alcobedas, só superado polo club local, o AD Marathon. Os madrileños concluíron a competición con 225 puntos, polos 181 da Gimnástica, os 169,5 do Unicaja Jaén e os 108,5 do Vino Toro zamorano.
Desta forma a Gimnástica suma tres puntos na clasificación xeral e dá un paso de xigante cara á meta de asegurar a permanencia pola vía rápida, colocándose na oitava posición.
A nivel individual os atletas pontevedrés sumaron ata cinco triunfos parciais e demostraron unha grande regularidade. Subiron ao alto do podio nas súas probas Alberto Salcedo (200 metros), Ignacio Sarmiento (400 valos), Lysvanys Pérez (altura) e Enric Obiol e Santi Ferrer, empatados en pértega, ademais da remuda 4x100 metros composta por David Ferrer, Darío Costas, Alberto Salcedo e Gonzalo Sánchez-Camacho.
Pola súa banda a remuda 4x400, Víctor Galego (disco), José Manuel Vila (xavelina) e Albert Guerrero (800) asinaron un segundo posto parcial.
Entre todos estes resultados destaca o de Alberto Salcedo nos 200 metros, xa que o seu rexistro de 21.24 segundos supón a mellor marca nacional do ano.
Relacionadas:
-
A Gimnástica métese na final polo título de División de Honra
Por Redacción |
-
Emparellamento alcanzable para a Gimnástica na segunda xornada de División de Honra
Por Redacción |
-
As lesións condicionan á Gimnástica no inicio da División de Honra
Por Redacción |
-
Subcampionato galego para a Gimnástica antes do inicio da División de Honra
Por Redacción |