O equipo 'Ponte 1 Reto' supera o ecuador da Titan Desert e o seu primeiro contacto coas dunas
Por Diego Espiño
Despois dunha xornada de descanso, chegou a quenda do máis duro para os catro pontevedreses que participan este ano na Titan Desert en Marrocos.
O equipo Ponte 1 Reto, que ademais da parte de superación persoal pretende dar visibilidade á loita contra Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), completou con éxito a terceira das seis etapas da esixente carreira de BTT, a primeira que atravesaba no deserto.
Calor extrema, pistas arenosas e o primeiro contacto coas dunas obrigaron a espremerse ao máximo aos participantes, nunha xornada de 101 quilómetros entre Errachida e Rissani na que os participantes non podían recibir axuda das asistencias mecánicas e de fisioterapia.
O primeiro dos pontevedreses en chegar á liña de meta foi Fran Valiñas, no posto 107 da xornada tras 4 horas e 23 minutos e 48 segundos encima da bicicleta. Seguíronlle Pablo Fernández na posición 141 (4:37:39), Josevi Cimadevila na 161 (4:42:41) e finalmente Víctor Pampín no posto 237 (5:19:19).
Todos eles teñen aínda por diante outras tres etapas, empezando este xoves coa considerada como máis dura da presente edición ademais dunha das máis longas da historia da competición, con 144 quilómetros entre Rissani e Merzouga pasando de novo por medio do deserto.
Relacionadas:
-
Facer visible a ELA ben vale ir de Madrid a Lisboa 'do tirón'
Por Redacción |
-
Catro titáns capaces de terminar a Titan Desert
Por Diego Espiño |
-
Dura estrea do equipo 'Ponte 1 Reto' na Titan Desert
Por Redacción |
-
Catro pontevedreses para un reto, a Titan Desert
Por Diego Espiño |
-
Deporte e compromiso solidario, piares do proxecto 'Ponte un Reto'
Por José Alberto Graña Pérez |