Os penaltis sorrín de novo ao Waterpolo Galaico, que toma vantaxe na final galega
Por Redacción
Por segunda vez nos play-off, o Waterpolo Galaico tomou vantaxe na eliminatoria, nesta caso a definitiva polo título, tras ser máis efectivo que o seu rival nos penaltis.
Os pontevedreses impuxéronse nesta sorte ao Club Natación Coruña tras un vibrante partido que finalizou o seu tempo regulamentario con empate a 15 goles.
O partido, disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra a porta pechada por unha sanción da Federación Galega de Natación, comezou cun parcial de 2-0 para o Galaico, pero pronto os coruñeses equilibraron o marcador.
A igualdade mantívose ata o final aínda que os visitantes estiveron a puntos de decidir o choque cun parcial de 0-3 ao comezo do último cuarto do que se conseguiu recuperar o Galaico.
Xa nos penaltis, dúas paradas de Pablo deron o primeiro punto da final aos pontevedreses, que agora contarán con dúas opcións de facerse co título, ambas na Coruña empezando polo vindeiro sábado 30 de abril.
CW GALAICO PONTEVEDRA: Pablito, Juanjo (3), Manu (1), Rubén, Aarón (1), Mauro, Ángel (3), Andrés (3), Iago, Guille, Bran (4), Pablo, Artai.
CN CORUÑA: Orjales, Escudero (2), García, Riobó, Gato (1), Escudero, Patiño (3), García (1), Sánchez, Martins (4), Iglesias, Blanco (4).
Parciais: 3-3, 3-4, 5-4, 4-4 (penaltis 3-2).