O Ribadumia cede nos minutos finais ante o Choco (0-1)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Terá que seguir pelexando pola permanencia o Ribadumia nas últimas xornadas de liga, ante o arrastre que supoñería un posible descenso do Compostela.
O cadro aurinegro plantou cara a todo un aspirante ao play-off como o Choco, pero terminou cedendo nos minutos finais (0-1).
Un gol de Óscar Pérez no minuto 82 premiou aos visitantes e botou por terra o bo traballo dos da Senra, que mostraran ata o momento a súa versión máis aguerrida e esperaba a súa oportunidade para perforar a meta rival.
A derrota deixa ao Ribadumia na duodécima praza con 42 puntos, tres de vantaxe sobre a posible zona de arrastre.
Consulta aquí o acta do partido.