O Campionato de Galicia de Clubs mide o estado de forma da Gimnástica
Por Redacción
O Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo será escenario esta sábado 23 de abril do Campionato de Galicia de Clubs, e alí estará a Gimnástica, nunha competición na que leva máis de medio século sen baixarse do podio, xa sexa cos seus dous equipos ou con só un deles.
A cita ten especial importancia para o equipo masculino da entidade, posto que servirá de test a unha semana do inicio da competición na División de Honra, na que encaran a súa décima tempada conseciva.
O Campionato prolongarase durante toda a xornada con 20 probas en cada categoría, masculina e feminina.
A convocatoria feminina compóñena: Camila Alonso, Joselyn Brea, Loreto Brea, Esperanza Caldas, Lucia Cardesin, Mercedes De Santalo, Alba Fernández, Lucía Ferrer, Xeles Filgueira, Xiana González, Marta González, Maria Jiménez, Emma Lorenzo, Paula Martin, Inés Martínez, Helena Rey, Rocío Rodríguez, Eva Salvado e Aida Souto.
Pola súa banda defenderán ao conxunto masculino: Jon Alonso, Andrés Arosa, Pedro Bastos, Iván Blanco, Darío Costas, Ivan Docampo, Santiago Ferrer, David Ferrer, Víctor Gallego, Javier Guzmán, Manuel Hurtado, Marco Martínez, Sergio Paredes, Fernando Rial, Adrián Salgado, Alesandre Solla, Ángel Vargas, David Veiga e Jose Vila.