O judo galego ten unha cita en Marín
Por Redacción
O pavillón municipal da Raña, en Marín, será sede o vindeiro sábado 23 de abril, e por segundo ano consecutivo, do Campionato Galego Escolar de Judo.
A competición reunirá a preto de 250 deportistas de toda a Comunidade nas categorías cadete e infantil.
Os infantís serán os primeiros en participar de 11:00 a 14:00 horas, mentres os cadetes competirán de 16:30 a 19:30 horas, co aliciente de que os catro primeiros clasificados de cada peso e categoría obterán a clasificación para o Campionato de España.
Á presentación do evento, celebrada este mércores no Concello de Marín, acudiu o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e o mestre das escolas deportivas de judo, Francisco Covelo.