O GV Sports lócese no Campionato Galego de Dúatlon
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Lugo acolleu o peche do Campionato Galego de Dúatlon de estrada, unha competición que non se lle deu nada mal ao GV Sports.
O club pontevedrés conseguiu ata cinco medallas, entre as que destacan o ouro por equipos en categoría feminina, por diante de Tri-Penta Terras de Lugo e Arcade Inforhouse de Santiago, e os primeiros postos tamén de Marga Villaverde na categoría absoluta feminina e de Iñaki Amatria na cadete masculina.
Ademais outros dous deportistas do GV Sports conseguiron medalla, sendo prata Juan Pazos en sub-23 masculino e Lalo Ramos en veteranos 1.
No XXVI Dúatlon Concello de Lugo 'Memorial Alejandro López', unha proba marcada polas difíciles condicións meteorolóxicas, Lalo Ramos conseguiu ademais o segundo posto na súa categoría.
A proba celebrouse en distancia sprint con 5 quilómetros a pé, 20 en bicicleta e de novo 2,5 quilómetros a pé.