Notables marcas para os atletas da Gimnástica en Maia
Por Redacción
Non subiron ao podio pero o papel dos atletas da Gimnástica foi destacado no Campionato de España de Fondo en Pista, ademais de Trofeo Ibérico, disputado na localidade portuguesa de Maia.
Alí estaban tres deportistas do club pontevedrés: Joselyn Brea, Fernando Rial e Iván Docampo.
Joselyn bateu de novo a súa mellor marca persoal nos 10.000 metros, con 34'10'63, o que supón un novo record nacional de Venezuela, o seu país de orixe.
Pola súa banda Fernando Rial concluíu en posto de finalista, oitavo, nos 5.000 metros de categoría xuvenil, cun tempo de 16'33'58.
Iván Docampo, que tamén correu os 5.000 metros pero sen participar no Campionato de España, quedou preto de rebaixar a barreira dos 15 minutos logrando unha marca de 15'05''75.
Relacionadas:
-
A Gimnástica, triunfador no Galego de Probas combinadas
Por Diego Torrado |
-
O Campionato de Galicia de Probas Combinadas, reto na casa para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Alcobendas será a sede da primeira xornada de División de Honra para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Tres atletas da Gimnástica, no Campionato de España de Fondo en Pista
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu e a Sociedad Gimnástica, premiados na Gala do Atletismo Galego
Por Redacción |