Mareantes e Pontevedra Rugby Club, eliminados nas semifinais polo título galego
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cumpríronse os prognósticos e non houbo lugar á sorpresa nas semifinais polo título de campión da Liga Galega de Rugby, dominada na súa fase regular por dous equipos que aspiran ao ascenso como Campus Ourense e Ferrol.
Contra eles xogaron Mareantes e Pontevedra Rugby Club, pero ambos contaron con poucas opcións.
O Mareantes Hifas da Terra cedeu en Ferrol por un claro resultado de 43-7, nun partido no que compareceu con só 16 xogadores por culpa das baixas no seu plantel. Demasiada laxa para competir ante un rival reforzado con xogadores de superior categoría. A pesar diso tentárono, pero a velocidade en tres cuartos dos departamentais resultou decisiva.
Pola súa banda ao Pontevedra Rugby Club tocoulle enfrontarse ao gran dominador da tempada (62-5) ata o momento nun choque condicionado polas malas condicións meteorolóxicas.
O Campus Ourense marcou o seu ritmo desde o inicio e con catro ensaios no primeiro tempo deixou decidio o partido e a eliminatoria.
Estes resultados supoñen o final da competición oficial para os dous equipos pontevedreses.
PORTUGAL RUGBY YOUTH FESTIVAL
O equipo M-13 do Pontevedra Rugby Club repetiu presenza no Portugal Rugby Youth Festival, torneo internacional que se celebra en Lisboa no que se enfrontaron a Tecnica Rugby, Sporting Rugby, Cascais, CDUP e ST Peters.