A finais da Copa Xunta de rugby, en Pontevedra
Por Redacción
O Día das Letras Galegas, o vindeiro martes 17 de maio, será tamén unha xornada de rugby no campo de Monte Porreiro de Pontevedra, sede das finais da Copa Xunta.
Catro partidos repartidos durante toda a xornada, de 11:00 a 20:00 horas, nos que estarán presentes tres dos equipos do Pontevedra Rugby Club.
A primeira final prevista é a de categoría M14, na que se enfrontarán PRC e Universidade de Vigo. Tras este choque chegará a quenda dos M18, ás 12:30 horas, no que se xogará o título Os Ingleses de Vilagarcía e Universidade de Vigo.
A sesión de tarde a abrirá a final feminina ás 15:45 horas, de novo co Universidade de Vigo en liza e co Club Rugby Lalín como rival.
Por último, ás 18:00 horas, pechará a xornada a final senior masculina, á que chegou o Pontevedra Rugby Club tras superar a domicilio ao Fendetestas das Pontes na súa semifinal. Os pontevedreses loitarán polo trofeo de campións contra Os Ingleses de Vilagarcía.