Ao Villalonga resísteselle o triunfo nun bo partido ante o Compostela (1-1)
Por Redacción
O fútbol segue sen facer xustiza ao traballo do Villalonga en liga. Son xa once as xornadas sen gañar dos celestes, que fixeron méritos abondo para lograr vencer nalgún dos seus últimos compromisos.
Ante o Compostela, o equipo adestrado por Jacobo Molina plantou cara a un dos candidatos a xogar a fase de ascenso nun encontro moi disputado e cheo de alternativas no que os locais xogaron en superioridade numérica os últimos 25 minutos pola expulsión de Castiñeiras.
Intentouno o Villalonga, que unha vez máis se adiantou no marcador grazas ao gol de Machu aos 50 minutos, pero pouco lle durou a alegría co empate de Tachi a remate dunha falta sete minutos despois.
Con este empate, que pode considerarse xusto a teor do visto en San Pedro, o equipo celeste cae a postos de descenso prexudicado polo triunfo do Negreira. A próxima xornada os de Jacobo Molina visitarána a un rival directo, o Dorneda.
VILLALONGA FC (1): Roberto Pazos, Leo,Nelo, Miguel, Fran Matos, Uru (Isma, min.58), Marc, Tenorio, Saúl, Machu, Jorge Fernández (Ramón, min.86).
SD COMPSTELA (1): Adrián, Castiñeiras, Rendo, Tachi, Jimmy, Mariño, Peláez (Catú, min 71), Gonzalo, Jordan (Jacobo, min.46), Marcos Suárez (Martín, min.76), Joselu.
Árbitro: Rey Simón (Vigo). Amonestou a Tenorio e Miguel no Villalonga e a Jordan no Compostela. Expulsou ao visitante Castiñeiras por dobre amarela no minuto 65.
Goles: 1-0 Machu, min.50; 1-1 Tachi, min.57.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.