San Brais goza do seu día cunha boa xornada de atletismo popular
Por Redacción
A quinta edición da Carreira Pedestre San Brais reuniu preto de 300 corredores na primeira das seis probas que compoñen o recén creado Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra.
A proba, organizada pola Asociación Salcedo Norte, empezou coas categorías inferiores para rematar cunha carreira sénior nun circuíto de 5.500 metros cun percorrido cheo de desniveis.
Ademais do lacón para os vencedores, todos os participantes gozaron dunha chocolatada como colofón á xornada. A organización entregou ademais o Trofeo Julián Bernal ao corredor de máis idade, en memoria do coñecido atleta veterano falecido hai dous anos.