O Arxil cae ante o Celta incapaz de parar a Ylenia Manzanares (61-69)
Por Redacción
Unha sóla xogadora decidiu o derbi pontevedrés de Liga Feminina 2 entre Arxil e Celta, xogado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Ylenia Manzanares foi un pesadelo para a defensa verde, asinando un estratosférico 49 de valoración grazas aos seus 19 puntos e 27 rebotes que levaron ao seu equipo para conseguir o triunfo (61-69).
O Celta cimentou a súa vitoria na primeira metade, na que o seu defensa non permitiu ao Arxil anotar con facilidade (23-34).
Melloraron as pontevedresas tras o descanso, pero o triunfo celeste non correu perigo. Diso encargouse Manzanares cada vez que as de Mayte Méndez tentaban reducir distancias.
Tras esta derrota o Arxil queda na oitava praza con 11 vitorias e 12 derrotas, as mesmas que o Celta.
Consulta aquí as estatísticas do partido.