O Torneo Internacional Junior de Tenis de Pontevedra sobe de categoría
Por Diego Espiño
Satisfacción no Casino Mercantil tras notificar a Federación Internacional de Tenis (ITF) que o Torneo Internacional Junior de Pontevedra será na súa próxima edición de Grao 2.
A subida de categoría, na que será só a súa quinta edición, supón que "si estábamos a nivel jugadores del Top-100 del Mundo vendrán ahora entre el 40 y 50 del ranking", sinalou Miguel Balea tras coñecer a noticia.
Ata agora o torneo era de Grao 3, pero a intención dos organizadores é subir un chanzo máis no futuro para "llegar al Grado 1, que es nuestra meta, el nivel máximo sin contar los Grand Slam".
Miguel Balea: "Pasar en tan poco tiempo a Grado 2 es que lo hemos hecho muy bien"
Desta forma Pontevedra segue os pasos do seu torneo irmán, o de Sanxenxo, que xa lograra a subida de categoría en 2015. Ambos valoran cambiar de datas en próximas edicións para buscar atraer ás mellores raquetas mundiais da categoría, xa que agora están situados xusto ao final da tempada.
Na súa quinta edición o ITF Junior de Pontevedra celebrarase do 11 ao 16 de outubro nas instalacións do Casino Mercantil.
A subida de categoría non supoñerá polo momento cambios no cadro de competición, con 32 tenistas na súa fase final tanto na categoría masculina como a feminina, pero si esixirá un importante aumento no seu orzamento, de preto do 20%.
Relacionadas:
-
O V Torneo Internacional Junior de Tenis inicia a súa fase final no Mercantil
Por Redacción |
-
Inscrición de nivel no V Torneo Internacional Junior de Tenis
Por Diego Espiño |
-
Convenio entre Concello e Mercantil para consolidar o Torneo Internacional Junior de Tenis
Por Diego Espiño |
-
Cita co mellor tenis galego no Casino Mercantil
Por Diego Espiño |
-
A Gala do Tenis Galego culmina unha vibrante xornada de competición
Por Redacción |
-
Sanxenxo acollerá en xuño o Campionato de España Junior de Tenis
Por Redacción |