A Gala do Tenis Galego culmina unha vibrante xornada de competición
Por Redacción
As pistas de tenis do Casino Mercantil, en Mourente, acolleron este sábado unha vibrante xornada de competición tenística coas finais do Master Galego e o campionato autonómico en cadeira de rodas.
Neste segundo campionato non houbo sorpresa e impúxose o actual campión do mundo junior, o vigués Martín de la Puente.
Pola súa banda no Master Galego, en categoría masculina, o vencedor foi Miguel Casal ao gañar na final a Roberto Rodríguez, mentres na proba feminina impúxose Celia Montero, que chegaba como principal favorita ao título.
Tras as finais, o centro de atención trasladouse ao Pazo da Cultura, onde a federación organizou a XXVII Gala do Tenis Galego para premiar aos mellores adestradores, clubs e deportistas do pasado ano, entre os que se atopaban varios pontevedreses e tamén o propio Casino Mercantil.