Empate entre Villalonga e Céltiga, triunfo do Grove e derrotas de Sanxenxo e Portonovo
Por Redacción
Repartición de puntos entre Villalonga e Céltiga no choque máis destacado da xornada na Preferente. Non houbo goles en San Pedro nun duelo xogado de poder a poder que permite aos celestes manterse no liderado con dez puntos de vantaxe sobre o seu rival.
Pola súa banda o Céltiga, co empate, cae de novo ao terceiro posto da clasificación e queda a un punto da segunda praza de ascenso que ocupa o Gondomar.
A xornada foi redonda para o Unión Grove, que co seu triunfo no campo do Cultural Areas (0-2) distánciase da zona de descenso directo e mete a máis equipos na pelexa por escapar das posibles prazas de arrastre polos descensos de equipos desde a Terceira División.
Martín Camiña no 45 e Adrián no 55 decidiron para o equipo meco nun traballado encontro, tras o que se sitúan na décimo quinta praza con 35 puntos.
Un posto máis arriba e cos mesmo puntos está un Portonovo que se viu superado con claridade polo Estradense (3-1). Jorge Casal adiantou aos da Estrada xa no minuto 2, pero non foi ata a segunda metade cando decidiron o choque co segundo gol de Jorge e un tanto de Guti. O Portonovo só puido recortar distancias nos últimos minutos.
Tamén perdeu o Xunventú Sanxenxo, no seu caso en casa ante o Gondomar (0-2). Víctor adiantou aos visitantes á media hora desde o punto de penalti, pero o partido non se decidiu ata o último minuto co 0-2, obra de Noel. Os amarelos son novenos con 41 puntos.
Relacionadas:
-
Unión Grove e Portonovo relánzanse mentres o Villalonga achégase ao ascenso
Por Redacción |
-
Os últimos minutos castigan ao Marcón cunha inxusta derrota en Lalín (2-0)
Por Redacción |
-
Festival de goles entre Céltiga e Sanxenxo mentres que o Villalonga mantense como líder
Por José Alberto Graña Pérez |