A dúbida está na portería
Por Diego Espiño
Debutou con nota ante o Racing de Santander tras unha inesperada lesión de Edu e repetiu a pasada fin de semana en Astorga deixando a súa portería a cero.
Vicente Company quere poñer a Luisito nunha situación complicada á hora de elixir o seu porteiro titular, aínda que os problemas físicos ameazan con deixarlle fóra de combate.
Con Edu Sousa xa recuperado e adestrando a pleno rendemento, é o propio Company o que agora non pode exercitarse ao mesmo ritmo que os seus compañeiros tras sufrir un golpe no cóbado a principios de semana.
O gardameta valenciano traballou este mércores en solitario sobre o céspede artificial de Príncipe Felipe baixo as indicacións do fisioterapeuta Manu Barros e o adestrador de porteiros, Moncho. Conta con incorporarse ao grupo o xoves e estar dispoñible para o choque ante o Arandina, pero a situación dá vantaxe a Edu na carreira pola titularidade, unha condición que o tudense gañou por méritos propios grazas á súa regularidade e rendemento baixo paus desde o inicio de tempada.
Company é a única dúbida para Luisito, que só conta para a cita do domingo (17:00 horas) en Pasarón coas baixas de Pablo Carnero e Capi por lesión. Ambos os futbolistas seguen sen facer traballo de campo recuperándose de senllas roturas musculares.
Relacionadas:
-
Campillo, heroe dun triunfo sen brillo do Pontevedra sobre o Arandina (1-0) e obxectivo cumprido
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Con Edu Sousa na portería para buscar un triunfo na casa que se resiste
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra asina un "acuerdo pionero" que patrocinará á súa canteira
Por José Alberto Graña Pérez |
-
O vento e o mal estado do terreo condicionan a Atlético Astorga e Pontevedra (0-0)
Por Redacción |