O Pontevedra asina un "acuerdo pionero" que patrocinará á súa canteira
Como "acuerdo pionero en Galicia y en el fútbol" quixo definir a presidenta do Pontevedra CF, Lupe Murillo, o convenio que a entidade granate asinou coa marca catalá Font Vella. A presentación desta colaboración á que tamén acudiron o director xeral de Augas Font Vella e Lanjarón, Christian Stammkoetter, e o asesor médico do proxecto, Bartolomeu Beltrán, realizouse nas instalacións do estadio de Pasarón este martes 8 de marzo.
O contrato consiste en patrocinar ás categorías base da entidade granate, aos nenos comprendidos entre os 6 e os 14 anos, portando así a súa imaxe na camiseta. Doutra banda, a marca de auga tamén proporcionará auga mineral natural ao primeiro equipo e aos equipos base, tanto en casa como nos desprazamentos nos partidos oficiais, ademais de realizar "una serie de actividades dirigidas a que los niños adquieran hábitos de hidratación saludables cuando hacen deporte y cuando no hacen deporte", engadiu o director xeral da compañía.
Este acordo defínese en que "la idea es construir algo que va más allá" abrindo así a porta para continuar con esta colaboración nun futuro a longo prazo. En canto aos termos económicos, a presidenta do Pontevedra C.F admitiu que "obviamente existe contraprestación económica en este acuerdo" sen querer profundar máis no asunto.
Lupe Murillo deixou claro tamén que "la cantera es una de nuestras preocupaciones" demostrando a importancia do fútbol base e admitindo que o equipo "es una entidad preocupada por el crecimiento y la mejora del entorno en el que nos movemos", de aí este acordo entre ambas as partes que promove o impulso dos hábitos saudables entre os futbolistas máis novos.
Ademais disto, o doutor Bartolomeu Beltrán, ex presidente do Real Club Deportivo Mallorca e actual director de Prevención e Servicios Médicos de Antena 3 e Onda Cero, achegou algúns datos centrados na achega médica e saudable que ten a auga. "Lo más importante es acostumbrar a los niños a beber agua regularmente" porque o síntoma da sede xa é propio da deshidratación, aclarou o doutor, que ademais destacaba os elementos que contén a auga como claves na formación dos máis pequenos, tendo no magnesio e no calcio algúns puntos fundamentais no desenvolvemento do corpo.
O acto concluíu coa entrega dunha camiseta do Pontevedra ao director xeral de Font Vella, co seu apelido no dorso, e a firma deste convenio diante de todos os medios.