A "experiencia inolvidable" da ximnasta Maika Jarrilo en Chile
Por Diego Espiño
Foi a súa primeira competición internacional e a "experiencia fue increíble" e "inolvidable". Así relata a ximnasta Maika Jarrillo a súa participación nos primeiros Xogos Deportivos de Verán en Atacama, Chile, que se celebraron na localidade de Caldera.
Alí acudiu a deportista do Club Treboada pontevedrés convidada polo club local tras coñecer a súa historia persoal de superación, na que a ximnasta rítmica e o Asociación Déficit de Atención e Hiperactividade (ADAHPO) axudáronlle a superar momentos moi difíciles.
Pese ao pouco tempo para preparar o seu exercicio, montado e perfeccionado en apenas unha semana de adestramento segundo recoñeceron as súas adestradoras, Maika conseguiu en Chile unha meritoria segunda praza en mazas e recibiu varios recoñecementos máis, aínda que a súa ambición faille recoñecer que "podían ser mejores".
Con todo queda cunha experiencia que a axuda para crecer deportivamente para os obxectivos dunha tempada que acaba de comezar e na que o seguinte reto será realizar un bo papel no Campionato Galego do próximo 13 de marzo en Marín para lograr alí a clasificación para o Campionato de España. Para iso deberá situarse entre as 15 primeiras ximnastas da competición.
Maika, do mesmo xeito que os seus pais e adestradoras, agradeceron o trato recibido en Chile por parte das institucións locais na recepción oficial ofrecida á súa volta pola concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro.