O Marcón salva un punto no Grove (1-1)
Por Redacción
Un gol de Racha a falta de cinco minutos para o final do partido, permitiu ao Marcón Atlético sumar un punto no campo dun necesitado Unión Grove (1-1).
O cadro meco, que buscaba un triunfo que lles afastase da zona de descenso, adiantouse no marcador ao fío do descanso grazas a un tanto de Martín Camiña, despois dun primeiro tempo pouco vistoso e con poucas ocasións.
Os de Carlés buscaron na continuación a igualada, pero apenas creaban perigo sobre a meta rival, mentres o Unión Grove esperaba a súa ocasión para sentenciar á contra.
Así se chegou aos minutos finais, cando unha acción de estratexia premiou ao Marcón co gol do empate para desesperación dos locais.
O punto fai que os pontevedreses se manteñan nunha cómoda novena praza na Preferente, mentres o Unión Grove segue ao fío do descenso, no posto 17 con 26 puntos.
Consulta aquí o acta do partido.