O GV Sports arrinca con forza a tempada de dúatlon en Guitiriz
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A localidade lucense de Guitiriz foi escenario a pasada fin de semana da primeira cita do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada, con destacada presenza do GV Sports.
Nunha proba condicionada polas malas condicións meteorolóxicas, o equipo feminino do clib pontevedrés conseguiu a primeira praza, mentres a título individual Marga Villaverde finalizou na segunda posición (1:18:34) a 31 segundos da gañadora, Cristina Torres (Mar de Vigo).
O X Dúatlon Concello de Guitiriz celebrouse en distancia sprint (5 quilómetros a pé, 20 en bicicleta e 2,5 de carreira a pé) nunha proba na que Jessica Muiños (GV Sports) foi protagonista de inicio, chegando líder á primeira transición con Marga Villaverde segunda.
Con todo na bicicleta, con fortes refachos de vento, formaríase un grupo do que conseguiría destacarse Cristina Torres para irse en solitario cara ao triunfo. Finalmente Jessica Muiños foi cuarta, mentres Beatriz Castiñeiras foi décima.
Nicolás Domínguez (HPS Tríatlon) foi o gañador na categoría masculina, con Brais Misa (Atletismo Porriño) foi segundo e Ismael López (Tríatlon Vilagarcía) foi terceiro.