O Marcón rabuña un punto no campo do Gondomar (0-0)
Por Redacción
Despois de catro derrotas consecutivas en liga o Marcón Atlético volve sumar en liga, aínda que o fai só cun punto, o conseguido no campo do Gondomar (0-0), segundo clasificado da categoría.
Os de Carlés cortaron a sangría de goles en contra, 15 en catro xornadas, e conseguiron ao fin deixar a súa portería a cero nun choque dominado polos locais.
As mellores ocasións foron para o Gondomar, que se atopou coa boa actuación de Jose na portería pontevedresa e tamén co pau, mentres o Marcón defendeuse e contou con algunha ocasión á contra para levar os tres puntos en xogo.
O empate deixa aos pontevedreses na duodécima praza con 32 puntos.
Consulta aquí o acta do partido.