Festa incompleta na presentación dos equipos do Voleibol Pontevedra
Por Diego Torrado
Despois de 30 anos de traballo o Club Voleibol Pontevedra goza dunha saúde enviadiable, a que demostra a decena de equipos que compiten baixo os seus coleres nas diferentes categorías, de base e absoluta.
Todos eles participaron o fin de semana na presentación oficial organizada polo club no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, antes do partido do equipo senior feminino.
As pontevedresas acusaron as baixas coas que chegaban ao encontro, correspondente á Primeira División Autonómica, e terminaron cedendo por dous sets a tres ante o Calasancias Coruña (22-25, 21-25, 25-23, 25-23 e 10-15).
O CVP chegou a forzar a manga de desempate tras empezar perdendo os dous primeiros sets, pero acusaron o esforzo e encaixaron a súa cuarta derrota da tempada.
A pesar diso seguen segundas na liga regular tras o intratable VoleyOurense.