O Arosa recupera a autoestima cunha goleada ante o Arenteiro (0-4)
Por Redacción
Monólogo arosista no Carballiño (0-4) ante un Arenteiro que só inquietou nos primeiros minutos de partido.
Os de Lino González impuxéronse sen problemas cos goles de Camiño (2), Nando e Hugo para sumar unha nova xornada sen perder, e van sete. O Arosa mantén así as opcións, aínda difíciles, de escalar posicións ata os primeiros postos da clasificación.
O equipo arlequinado afronta agora dous partidos consecutivos na Lomba, ante Mondariz e Sanxenxo, que pode aclarar as súas aspiracións reais para o tramo final de competición.
CD ARENTEIRO (0): Macía, Pazos, Carlos, Xurxo, Dabarca (Omar, min.75), Gabri, Iago, Prada (Dacosta, min.60), Martín, Keneddy, David Soares.
AROSA SC (1): Jorge Pérez, Santi, Borja Villaverde (Roberto, min.76), Martín, Ríos, Rivas, Hugo, Viso, ÿscar (Eloy Fariña, min.69), Camiño (Liños, min.90), Nando (Pablo, min.84).
Árbitro: Jorge Correia Caballero (Vigo). Amonestou ao local Kennedy e aos visitantes Martín, Viso e Nando.
Goles: 0-1 Camiño, min.17; 0-2 Camiño, min.49; 0-3 Nando, min.53; 0-4 Hugo, min.91.
Incidencias: Partido disputado no Campo do Espiñedo, O Carballiño.