As Pontes e Villalonga empatan (1-1) no lamazal de O Poboado
Por Redacción
Nun lamazal cuberto de herba As Pontes e Villalonga asinaron unha repartición de puntos que non deixou contento a ningún dos dous. As condicións en que se encontraba o campo de O Poboado facían practicamente imposible o fútbol combinativo, deixando como única opción as accións directas buscando as segundas xogadas ou o erro do contrario.
Adiantouse o Villalonga cun novo gol da súa recente fichaxe Jorge Fernández, nunha acción protestada polos locais que reclamaron fóra de xogo. Empataron os de As Pontes antes de chegar ao descanso cun gol de Eloy, en colaboración con Fran Matos no seu intento de despexar.
A medida que ían pasando os minutos o estado do campo empeoraba de modo que a segunda parte foi un quero e non podo por parte dos dous equipos. O Villalonga quedaría en inferioridade ao ver Quini a segunda amoestación no minuto 81, pero o marcador non se movería.
C.D. ÁS PONTES (1): Kiko, Hugo, Jorge Nano, Dani, Rochela, Esmorís, Iván González, Bossa, Eloy (Álex, minuto 81), Cañizares (Dieguito, minuto 75) e David Amado (Sergio Arias, minuto 61).
VILLALONGA (1): Roberto Pazos, Quini, Leo, Machu, Javi Nogueira, Miguel, Tenorio, Nelo (Uru, minuto 65), Jorge Fernández (Pichi, minuto 87), Saúl e Fran Matos.
Árbitro: Abel Fernández Lodeiro, auxiliado por Queija Pérez e Hernández Giadans (Santiago). Expulsou por dobre amoestación a Quini (minuto 81). Amoestou a Rochela, Cañizares e David Amado.
Goles: (0-1) Minuto 20: Jorge Fernández. (1-1) Minuto 42: Eloy.
Incidencias: O Poboado. Ao redor de 150 espectadores.