O Teucro saca a espiña fronte ao Cangas antes de reiniciar a liga (34-35)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Segundo amigable de preparación para o inminente retorno á competición de liga entre Cangas e Teucro e primeira vitoria dos de Quique Domínguez, que desta maneira sácanse a espiña do sucedido hai unha semana no Municipal.
No Gatañal viuse un partido moi interesante, con ritmo e alternativas. O Teucro tivo o mando a maior parte do tempo, con vantaxes que chegaron ata os seis goles, pero os de Pillo reaccionaron e mesmo conseguiron entrar na recta final dúas tantos arriba (33-31), que facían pensar que o partido caería do seu lado.
Nun final vibrante, o Teucro aproveitou as precipitacións en ataque do equipo local para dar de novo a volta ao marcador e terminar impoñéndose por un mínimo 34-35.
Comezou moito mellor o Teucro, logrando un primeiro parcial favorable de 1-7, aproveitando varias perdas de balón do Cangas. A efectividade ante a portería rival levou ao Teucro a manter a vantaxe de seis goles (9-15) ata máis aló do minuto 20, recortando Cangas lixeiramente para retirarse ao descanso con 16-19 favorable aos visitantes.
Apertouse máis o marcador na segunda parte, chegando a empatar (27-27) a falta de doce minutos. Foi o momento do Cangas, que conseguiu poñerse por diante ata o 33-31. Iván Fernández, Gonzalo Carró e Erik Balenciaga aproveitaron senllas perdas de balón dos locais para facer un parcial de 0-4, que reduciría sen tempo para máis Moisés, deixando o 34-35 final.