Volve o Dúatlon Cros Concello de Poio na súa décima edición
Por Diego Espiño
O vindeiro domingo, 24 de xaneiro, Poio volverá gozar do mellor tritalón autonómico coa disputa do X Dúatlon Cros Concello de Poio.
Samieira volverá acoller unha competición que arrincará ás 11:00 horas desde o campo de fútbol e para a que se inscribiron 82 deportistas.
Todos eles deberá completar os seis quilómetros do primeiro segmento a pé, os 19,5 de ciclismo por pistas de montaña e outros 3 quilómetros a pé.
A proba é a segunda da tempada no circuíto galego, tras a celebrada hai uns días en Beariz.
Trátase dunha carreira cunha alta dificultade técnica, segundo destacaron na presentación os representantes do Club Ciclista e Tríatlon Poio, novo club que aglutina ás tres entidades deportivas de Samieira.