Cuarto triunfo consecutivo do Sanxenxo e derrotas de Portonovo, Céltiga e Unión Grove
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Velocidade de cruceiro colleu o Xuventú Sanxenxo na Preferente tras sumar en Domaio o seu cuarto triunfo consecutivo en liga (3-4).
Os amarelos impuxéronse nun partido tolo e de alternativas. Empezaron perdendo aos 14 minutos, pero dous goles de Javi Nogueira, un de penalti, deron a volta ao marcador antes do descanso.
No segundo acto o cadro local reaccionou e volveuse a poñer por diante, pero a expulsión do local Víctor Couso no minuto 52, con 3-2 no marcador, resultou decisiva. Os de Óscar García fóronse arriba e remontaron con dous goles de Álex Corrales no tramo final do encontro.
Co triunfo o Sanxenxo dá un salto importante na clasificación, situándose na oitava posición con 31 puntos.
Á fronte da táboa continúa o Villalonga, aínda que os celestes ven diminuída a cinco puntos a súa renda co segundo clasificado e a 12 co terceiro tras empatar no campo do Caselas (3-3) nun partido que se puxo en contra pero que puido gañar nos últimos minutos.
Pola súa banda quinto mantense o Céltiga, con 35 puntos, a pesar de perder pola mínima (1-0) en casa do Ourense CF.
Tamén perderon esta xornada o Portonovo en casa ante o Gondomar (1-2) e o Unión Grove ante o Mondariz (1-2). O equipo arlequinado é décimo quinto con 27 puntos e o Grove decimoséptimo con 22.