O Valladares sorprende o Marcón no último minuto (1-2)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Segunda derrota consecutiva do Marcón Atlético en liga, que desaproveita a ocasión de achegarse á cuarta praza tras verse superado no último suspiro polo Valladares no Carrasco (1-2).
Despois dunha primeira parte de igualdade, os de Carlés adiantáronse nada máis empezar o segundo acto, cun gol de Jorge Almirón.
Poñíanse as cousas favorables para os pontevedreses, pero pouco durou a alegría porque só un minuto despois o Valladares facía o empate por medio de Sergio.
O partido podía caer de calquera bando e o que levou o gato á auga foi o cadro visitante, xa no último minuto, cun decisivo gol de Bruno Vila.
Este resultado deixa ao Marcón na sétima praza da Preferente con 31 puntos.
Consulta aquí o acta do partido.