Xaneiro, mes de pista cuberta para a Gimnástica
Por Redacción
O 2016 arrinca con forza para a Sociedad Gimnástica, que durante o primeiro mes do ano xógase boa parte das súas opcións na tempada de pista cuberta.
En primeiro lugar, a próxima fin de semana (9 e 10 de xaneiro) Lugo acollerá o Campionato de Galicia de Clubs de probas combinadas, no que a entidade pontevedresa defende o título en categoría masculina e o segundo posto na feminina logrado na pasada edición.
Unha semana despois, o domingo 17, A Coruña será sede da Copa de Galicia de pista cuberta, onde os mozos tentarán repetir o primeiro posto de 2015 e as mozas subir ao podio.
Para terminar o calendario autonómico, A Coruña repetirá o domingo 24, en Riazor, co Campionato de Galicia Absoluto, onde o pasado ano conseguiu sete medallas e que será unha boa pedra de toque para o prato forte, a Copa do Rei o 30 de xaneiro Valencia, onde acode o equipo masculino da Gimnástica por quinto ano consecutivo, consolidado entre os oito mellores clubs do país.
Relacionadas:
-
A Copa Galicia de atletismo, pedra de toque para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Á espera de rivais para a primeira xornada da División de Honra de atletismo
Por Redacción |
-
A Gimnástica reedita o título de campión galego de probas combinadas
Por Redacción |
-
A Gimnástica, clasificada por quinto ano consecutivo para a Copa do Rei
Por Redacción |
-
A Gimnástica pecha o ano como o mellor club galego do ránking nacional
Por Redacción |
-
Ramón Touza, reelixido como presidente da Sociedad Gimnástica
Por Redacción |