Fin ao descanso para o Poio Pescamar
Por Redacción
Tras case dúas semanas de descanso por Nadal as xogadoras do Poio Pescamar volveron ás pistas para preparar o regreso da Primeira División Feminina de fútbol sala.
O cadro vermello traballa coa mente posta no que será o seu primeiro compromiso oficial de 2016, cun choque vital para as súas aspiracións ante o FSF Rioja, penúltimo clasificado e ao que esperan distanciar aínda máis achegándose á permanencia na máxima categoría.
O partido xogarase o vindeiro sábado 9 de xaneiro (18:30 horas) no Pavillón Municipal da Seca.
O obxectivo para o equipo adestrado por Jorge Basanta é comezar o ano coas mesmas sensacións que terminaron o anterior, tras superar nas dúas últimas xornadas, cun triunfo e un empate, a xeira negativa de resultados que atravesaron durante o mes de novembro.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar gaña pero termina sufrindo na súa visita ao pechacancelas Elche (2-3)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar viaxa a Elxe coa obriga de sumar
Por Redacción |
-
Sofre o Poio Pescamar para conseguir tres puntos de ouro ante Rioja FSF (3-1)
Por Redacción |
-
O sorteo emparella ao Poio Pescamar co Ourense Envialia en semifinais da Copa Xunta
Por Redacción |
-
Vitoria do Poio Pescamar ante o Leis Marcón que vale o pase a semifinais da Copa Xunta
Por Redacción |
-
Punto con sabor a vitoria para o Poio Pescamar na súa visita ao Valdetires (3-3)
Por Redacción |