Vitoria do Poio Pescamar ante o Leis Marcón que vale o pase a semifinais da Copa Xunta
Por Redacción
Sen lugar á sorpresa. Os catro equipos que avanzan ata as semifinais da Copa Xunta de fútbol sala feminino militan na Primeira División.
A Burela, Cidade das Burgas e Ourense Envialia uniuse o Poio Pescamar, tras vencer con comodidade ao Leis Marcón (8-2) no último encontro da primeira fase, disputado no pavillón da Seca.
As vermellas fixeron valer a súa superioridade desde os primeiros instantes e tomaron vantaxe aos seis minutos por medio de Jessy. Ale de Paz e Suki ampliaron a vantaxe antes do descanso dando tranquilidade ás locais.
Suki repetía ao comezo do segundo tempo, mentres Bibi facía o primeiro para o Leis. Pese ao gol pontevedrés o Poio seguiu dominando e ampliou a súa renda con goles de Claudia e Charo.
No minuto 36 o Leis poñía o 6-2 cun tanto de Anita, antes de que Elena cun dobrete puxese o definitivo 8-2.
Relacionadas:
-
O Leis Marcón realiza o seu mellor partido da tempada para gañar na cancha do Viaxes Amerelle (3-5)
Por Redacción |
-
Sofre o Poio Pescamar para conseguir tres puntos de ouro ante Rioja FSF (3-1)
Por Redacción |
-
Fin ao descanso para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O sorteo emparella ao Poio Pescamar co Ourense Envialia en semifinais da Copa Xunta
Por Redacción |
-
Punto con sabor a vitoria para o Poio Pescamar na súa visita ao Valdetires (3-3)
Por Redacción |
-
Derrota do Leis Marcón ante o Humanes (6-1), rival directo pola permanencia
Por Redacción |