Máis de vinte anos de traballo de base nas escolas deportivas de Poio
Por Diego Torrado
O Pavillón da Seca encheu este domingo de cor coa presentación das escolas deportivas municipais de Poio, coincidindo co vixésimo aniversario do Club Saraiba de ximnasia rítmica.
Foi o reflexo de case 30 anos de traballo do programa municipal de deporte basee, que non parou de crecer desde entón.
Na actualidade máis de 900 nenos e nenas participan nas diferentes modalidades, que van desde o fútbol, a máis numerosa con máis de 150 inscritos, á recentemente creada de ciclismo, pasando por balonmán, baloncesto, kick boxing, piragüismo ou tríatlon, entre outros
As escolas deportivas, 22 en total, foron desfilando na Seca ante unha bancada repleta realizando unha serie de exhiciones para deleite dos asistentes.