'Xuntanza' da Peña Madridista de Pontevedra para celebrar o seu aniversario
Por Ramiro Espiño
Coa reprodución dunha das 10 Copas de Europa que engalanan as vitrinas do club branco presidindo os actos, a Peña Madridista de Pontevedra celebrou ao grande a xuntanza anual na que conmemoran o aniversario da súa fundación.
La peña, que cumpriu 32 anos, congregou a un bo número de socios, simpatizantes e amigos na súa habitual sede, a Cafetería Stratos, no pontevedrés paseo de Colón, degustando un aperitivo previo ao xantar que se celebrou seguidamente no restaurante Mochi, e ao que acudiron preto de 150 persoas, entre elas representantes doutras Penas Madridistas de toda Galicia, xunto con outros chegados de fóra da nosa Comunidade.
O presidente, Manuel Pérez, e a súa directiva, como cada ano, conseguiu reunir tamén a destacados exjugadores, como o porteiro ourensán Miguel Ángel, Pepe Salguero e Rubiñan, así como recoñecidos seguidores madridistas como o campión ciclista e tertuliano televisivo, Óscar Pereiro.
Todos eles gozaron dunhas horas moi agradables nas que, como é lóxico, as fazañas do club dos seus amores foron o motivo central das súas conversacións.